Xornada sobre SwL para profesionais e empresas TIC

O día 6 de maio, en xornada de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada de achegamento ao Software Libre para profesionais e empresas TIC.

A xornada tratará de achegar aos asistentes a potencialidade do SwL e a capacidade das súas ferramentas. O evento estrutúrase en tres módulos diferenciados nos que, o primeiro deles, fará fincapé en aspectos relacionados coa legalidade (licenzas) e modelos de negocio asociados ao SwL, para, a seguir, módulos segundo e terceiro, centrarse en contidos relacionados co desenvolvemento e a administración de sistemas.

O evento está especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico que teña interese na temática. 

Os relatores que intervirán na sesión son:

  • Roberto Brenlla. Economista, usuario de software libre dende 1997 (Linux Registred User #124437). Socio fundador e presidente de AGNIX ata xullo de 2006. Promotor do GNIX. Fundador e socio consultor de TEGNIX, empresa especializada en software libre. Dende xuño de 2009 ostenta a presidencia de AGASOL (Asociación de empresas galegas de software libre.
  • Francisco Diéguez. Analista da oficina de SwL da USC. Conta coas seguintes certificacións: LPI-1, Zend PHP 5, Desenvolvedor MySQL: Certificado MSDEV II.Membro activo da comunidade de SwL en Galicia.
  • Óscar Casal. Administrador de redes e sistemas no departamento de Electrónica e Computación da USC onde é responsable da instalación e mantemento dos equipos e servidores OpenLDAP, IS, Samba, NFS, firewalls, servidores web e de correo etc.. Posúe as certificacións LPI-3, ITIL, CCNA.  

O acceso, previa inscrición a realizar online a través do portal web do cntg, é de balde e condicionado ao aforo do local. O prazo de inscrición ao evento rematará o mércores día 5 de maio.

Para máis información dos contidos ou se inscribir na xornada prema nesta ligazón

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno