Xornadas "Encontro de Software Libre en 5 áreas"

A asociación de empresarios discapacitados (AED) organiza o Encontro de software libre en 5 áreas que terá lugar dende hoxe, luns 2 de novembro, ata o vindeiro venres 6 de novembro, no Hotel Attica 21 sito en Matogrande, A Coruña.

Mañá tócame dar a que ma titularon "7 bos consellos para triunfar no cambio ao software libre".  A verdade é que adecueime a esa cifra (por que sete?) polo que penso que pode sair algo interesante, claro está, con moitas explicacións e salvedades entre medias.

As distintas áreas nas que se exporán diversos aspectos do software libre son:

  • Comunidade - luns 2 de novembro
  • Educación - martes 3 de novembro
  • Empresa - mércores 4 de novembro
  • Estado - xoves 5 de novembro
  • Arte - venres 6 de novembro

Podes ollar máis polo miúdo o resto do programa en mancomun.org.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno