LibreGeoSocial, xestor de contidos xeorreferenciados multimedia

LibreGeoSocial, xestor de contidos xeorreferenciados multimedia

Pegar unha etiqueta virtual sobre un obxecto real e que a persoa que pase cerca poida lela, todo isto desde un móbil. Iso é o que permite o software libre LibreGeoSocial (LGS), un programa desenvolvido por investigadores da Universidade Rey Juan Carlos para os teléfonos con Android, o sistema operativo creado por Google.

LGS é un xestor de contidos xeorreferenciados multimedia. É dicir, permite a quen empregue unha rede social almacenar información (texto, fotos, vídeo, audio) vencellada a un lugar en concreto. E ademais dispón dunha interfaz de realidade aumentada. É dicir, cando quen o usa apunta co móbil cara a un obxecto previamente etiquedo aparécelle na pantalla o indicativo que a outra persoa deixou alí.

"Trátase dunha experiencia moito máis rica que a dunha rede social tradicional porque os sensores de medición do campo magnético dos novos móbiles permiten saber non só onde está o móbil senón ademais cara a onde está orientado", asegura Pedro de las Heras Quirós, membro do grupo GSyC/Libresoft e investigador do proxecto.

Máis na fonte.
Librebit

Entrada anterior
6 razóns para licenciar baixo (A/L)GPL
Entrada siguiente
MERCOSUR recomenda Sw Libre aos Estados membros, especialmente en Educación

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.
keyboard_arrow_up