O programador Zed Shaw comenta as 6 razóns para licenciar o seu traballo baixo (A/L)GPL e curiosamente ningunha de las refírese á liberdade de quen vai usalo.
Zed leva "décadas desenvolvendo software, algúns con éxito" e meditou moito sobre ilo, sobre todo con aquelas persoas que propugnan licenzas de tipo BSD ou MIT. Velaquí están resumidas as súas 6 razóns:
- Por que é o seu dereito de autor e, polo tanto, por que el o quere así. Se a ti non che gusta, simplemente nin tan sequera uses o seu software.
- Non sentirse ignorado de novo (refiríndose á súa experiencia co exitoso proxecto Mongrel) dado que nin sequera recibiu mención sobre el, algo que Zed di que "necesita".
- As empresas tecnolóxicas están deseñadas para seren creadas e destruídas rapidamente por entidades de Capital Risco (Venture Capital). Estas non teñen ningún incentivo que ofertarlle e polo tanto Zed tampouco ten ningún incentivo social para "darlles" o seu software.
- Para esixir que os demais sexan honestos. "Se é bo, paga por el" e non se adiquen a plaxiar o traballo doutros.
- Para aumentar a súa motivación a seguir desenvolvendo un "proxecto open source, teño que cobrar por el".
- Valor percibido. Cre que a xente non lle dá valor a aquilo que non se lle cobra.
Estás ti de acordo? No seu artigo tes estas razóns ampliadas así como opinións doutras persoas nos comentarios e na fonte.