Nokia con Android?

Nokia con Android?

General

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones.

Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez teléfonos móbiles vendidos no mundo, foi perdendo terreo no mercado de teléfonos que poden acceder a internet, enviar correo e baixar aplicacións de terceiros, por causa de produtos coma o Apple iPhone e mailo BlackBerry Storm. A plataforma Android, entrementres, vén gañando terreo e agárdase que máis de media dúcia de teléfonos con Android deberían estar dispoñibles a final do ano.

Analistas do HSBC sinalan que Nokia tiña o 47% do mercado mundial smartphone en 2007, que caeu a 35% no verán pasado e posiblemente caia ao 31% a finais do ano. Ademais, o segmento smartphone é crítico, pois é a única parte do mercado de telefonía móbil que está crecendo.

Optar por empregar Android, unha plataforma "fonte aberta" plataforma á que calquera pode acceder para desenvolver, é un troco de estratexia bastante importante. Hai un ano, a Nokia mercou Symbian e abriuna de xeito semellante ao Android pero a resposta a esa apertura foi infructuosa. Pola contra Android está a atraer a unha multitude de desenvolvedores ofrecendo os seus "widgets" a través do Android Marketplace.

Xa hai quen instalou Android nun dos dispositivos existentes de Nokia, o N810 Internet Tablet, pero o vindeiro desta seria é agardado que se publique con integración total de Android.

Tamén hai especulacións de que Nokia estea estudando ampliar a súa oferta da gama smartphone tralo acordo de colaboración con Intel.

Fonte.
Jesús Amieiro engade máis fontes, unhas confirmando (esta e estaoutra) e outras negándoo (esta e estoutra).

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Entrada siguiente
Caso Mono: C# e CLI baixo a Community Promise

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.