Sei por Fernando Acero que USPS, o Servizo Postal dos EE.UU., vén de actualizar o seu sistema informático de quince anos de idade para mellorar o seu rendimento e reducir os custos xerais de mantemento. O traballo feito para actualizar o PTS (U.S. Postal Service’s Product Tracking System) é parte dun proxecto maior que pretende empregar estándares sobre unha "base open source e menos custosa como Linux", sinala John Byrne, director de Integrated Business Solutions Centers da USPS.
O servizo está trocando 1.300 servidores Sun Solaris cara un contorno Linux de Hewlett-Packard, empregando Novell SuSE Linux no mainframe e plataformas de computación distribuída para acadar unha maior interoperabilidade entre os dous ambientes, dixo Byrne.
O resto dos detalles podes completalo na fonte da nova.
Roberto Brenlla