II noite Drupal & GNU/Linux

II noite Drupal & GNU/Linux

Drupal Night by GALPonTEGNIX colabora na II noite drupal&gnu/linux que organiza GALPon o vindeiro día 1 de xullo (venres) desde as 22:30 ata as 5:30 da madrugada tendo como proxecto a realización dunha proposta de mestres de varios colexios de Nafarroa (Navarra) que podedes seguir en: http://goo.gl/c36E3

As noites drupal&gnu/linux son eventos onde se reúnen persoas expertas destas dúas materias que teñen que conseguir un obxectivo común colaborando e creando grupos especializados coma na instalación e optimización, configuración dos módulos, desenvolvemento ou mesmo deseño durante unha noite enteira e nun tempo récord.

É un dos eventos máis efectivos para conseguir a transferencia de coñemento propia do Software Libre e potenciamento do traballo colaborativo incluso entre persoas que non se coñecían entre si con anterioridade.

Empregarase tamén tecnoloxías abertas para a retransmisión a través de dous puntos de fluxo de vídeo (streaming), un coa imaxe e o son do entorno e outro no que seguir a pantalla de proxección interna, na que se irán vendo as actividades sobre o servidor (terminais, consolas, etc…) presentacións e/ou documentacións dos participantes, así como as vistas previas que se vaian facendo. Isto requirirá que os que queiran seguilos deberan ter abertas dúas instancias de VLC (ou o reproductor multimedia que se prefira).

Seguirase a empregar a mesma infraestrutura que xa xeraron, no seu momento, os compañeiros de O Zulo, como é o URL para as inscricións http://www.comunidadeozulo.org/noite e a plataforma Moodle. As inscricións abriranse o domingo 12 de xuño.

Esta segunda edición celebrarase en «a cova dos ratos» na rúa Romil, nº 3 de Vigo.

Entrada anterior
De indignado a revoltado
Entrada siguiente
OpenOffice.org vs. LibreOffice, estrategias y demás

Entradas relacionadas

No se han encontrado resultados.
keyboard_arrow_up